Visita ao CEIP Francisco Vales Villamarín: Duas xornadas para aprender e coidar as nosas praias

Esta semana tivemos o pracer de visitar o CEIP Francisco Vales Villamarín de Betanzos en dúas xornadas cheas de aprendizaxe, creatividade e concienciación. Estas actividades forman parte do proxecto Praias libres de Plásticos de limpocean, unha iniciativa subvencionada pola Deputación da Coruña que busca fomentar a sustentabilidade e o coidado dos nosos océanos.

Primeira xornada: 6 de xuño

O martes 6 de xuño compartimos o día con 100 alumnos de 2º de primaria. Dividimos aos nenos en dous grupos para ofrecerlles unha charla interactiva sobre sustentabilidade e a problemática do plástico nos océanos. Foi emocionante ver como os pequenos participaban con preguntas e reflexións sobre como poden contribuír ao coidado do planeta desde a súa contorna.

Posteriormente, realizamos un taller creativo utilizando materiais reciclados. Grazas á colaboración dos propios alumnos, que trouxeron botellas de plástico das súas casas, e as que levamos desde limpocean doadas por outros colexios en visitas previas, os nenos elaboraron maceteros con flores utilizando tapóns, rotuladores e outros residuos. Cada creación foi única, demostrando a imaxinación e compromiso dos máis pequenos coa reutilización de materiais.

Segunda xornada: 12 de xuño

Volvemos ao colexio o luns 12 de xuño para continuar o noso labor, esta vez cos 122 alumnos de 3º de primaria. Seguindo o esquema do primeiro día, ofrecemos dúas charlas seguidas dun animado debate, onde os estudantes compartiron as súas ideas e solucións para combater o plástico nos océanos.

O taller creativo volveu ser un éxito. Os nenos traballaron con entusiasmo, dando unha nova vida a materiais que doutro xeito acabarían no lixo. Foi gratificante ver como cada alumno levaba a súa creación a casa como recordatorio de que pequenos xestos poden xerar grandes cambios.

Unha experiencia enriquecedora

Ambas as xornadas foron moi especiais e estiveron dedicadas a conmemorar o Día Mundial dos Océanos. Desde limpocean, agradecemos ao CEIP Francisco Vales Villamarín pola súa acollida e entusiasmo, e á Deputación da Coruña por facer posible este proxecto.

Seguimos comprometidos coa educación ambiental e coa misión de lograr océanos máis limpos e un mundo máis sostible.

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.