Limpeza en Razo co FESSGA e a RFESS no Campeonato de España de Verano Juvenil y Junior de Playa

A praia de Razo volveu ser escenario dunha nova acción de sensibilización e coidado da contorna. Desenvolvemos unha actividad xunto a Real Federación Española de Salvamento e Socorrismo (RFESS) e a Federación de Salvamento e Socorrismo de Galicia (FESSGA), aproveitando a celebración do Campeonato de España de Verano Juvenil y Júnior de Playa.

A actividade combinou deporte, educación ambiental e acción directa sobre a contorna, cunha limpeza na que participaron deportistas e persoas vinculadas ao campionato.

Unha praia aparentemente limpa… pero con moito que retirar. A praia de Razo presentaba un aspecto moi limpo, polo que moitos dos participantes pensaban que durante a limpeza se atoparían poucos residuos. Pero, unha vez que comezamos a revisar a area con máis atención, apareceron numerosos residuos de pequeno tamaño que a simple vista pasan facilmente desapercibidos.

Entre os residuos retirados atopamos cabichas, tapóns, envases e tapas de cremas solares, pequenos anacos de plástico, restos de redes e outros obxectos relacionados co uso da praia.

Precisamente este tipo de residuos son os que ás veces quedan fóra das fotografías das grandes limpezas, pero que tamén teñen unha importancia enorme. Non se trata só de cantos quilos retiramos, senón de que residuos aparecen, de onde proceden e que nos poden ensinar sobre os nosos hábitos.

Un dos aspectos que sorprendeu aos participantes foi comprobar que gran parte dos residuos recollidos non procedían do mar, senón do propio uso que facemos das praias.

Isto é especialmente interesante nunha praia que, a primeira vista, parecía estar perfectamente limpa. A experiencia permitiu comprobar que unha praia pode parecer limpa e, ao mesmo tempo, agochar decenas ou centos de pequenos residuos entre a area.

As cabichas, os pequenos plásticos, os restos de envases ou determinados elementos utilizados durante un día de praia poden acabar no medio natural se non os depositamos correctamente nos colectores ou os levamos connosco.

E aí está unha das claves do noso traballo: unha limpeza non debe servir só para retirar residuos, senón tamén para entender por que chegaron ata alí e como podemos evitar que volvan aparecer.

Esta colaboración coa RFESS e coa FESSGA permitiunos unir dúas realidades que comparten un mesmo escenario: o deporte e o mar.

Desde Limpocean queremos agradecer tanto á RFESS como á FESSGA por impulsar esta iniciativa e por contar connosco para levar a mensaxe de respecto polo medio ambiente máis alá da propia competición.

E, por suposto, grazas a todas as persoas participantes que se animaron a poñer os guantes, coller bolsas e dedicar parte do seu tempo a coidar Razo.

Porque coidar o océano e coidar do planeta. E moitas veces, os pequenos residuos son os que máis nos ensinan sobre o impacto das nosas accións.

Esta actividade enmárcase dentro do programa “Por Un Mar Limpo de Plásticos”, que conta co apoio da Deputación da Coruña.

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.