Onte visitamos e limpamos a praia de Doniños, Ferrol. Xunto a Aspanaes retiramos preto de 100kg de plásticos e residuos varios deste fermoso areal.
Gracias ao noso proxecto «A Costa da Coruña Limpa de Plásticos» que conta co respaldo da Deputación da Coruña puidemos organizar unha nova limpeza, desta vez acompañáronos usuarios da Asociación Aspanaes aínda que tamén participaron de AXFerrol, Equiocio e persoas voluntarias.
A xornada foi unha marabilla, un día case de verán en pleno outono. Calorciño e vitamina D que máis se pode pedir. Participamos unhas 30 persoas nesta limpeza en Doniños. Comezamos cunha pequena charla sobre concienciación, a problemática dos plásticos nos océanos e por conseguinte nas nosas costas, que residuos se deben de retirar e cales non das praias. Ademais, como a praia de Doniños pertence a Rede Natura 2000 comentamos os coidados especiais que hai que ter, especialmente ca píllara das dunas.
Unha vez rematada a charla puxémonos mans a obra, petos, guantes e bolsas listas para empezar a limpar. A participación de todos foi espectacular; as ganas, entusiasmo e sobre todo as risas en todo momento foi o mellor do día. Despois de case unha hora de limpeza recollemos 92.6kg. Unha barbaridade.
Tras a clasificación puidemos ver máis de cerca o que recollemos: moitos bastoncillos, moitas botellas de auga de plástico, envases, redes de pesca, algún que outro cacharro, restos de calzado, 1 palé, unha plancha de teflón….
Unha nova limpeza que reflexa a necesidade de coidar os nosos mares, de seguir concienciando e limpando. Deixamos a praia de Doniños mellor do que a atopamos e cun sonrriso.


