Hoxe celebramos unha xornada moi especial na Escola Infantil Francisco Villar Villamarín de Betanzos con motivo do Día dos Océanos. Os seis grupos de infantil, sobre 120 alumnxs, tiveron a oportunidade de participar nunha serie de charlas e talleres educativos centrados na protección dos nosos océanos. Este evento formou parte do proxecto Praias libres de Plásticos de limpocean, subvencionado pola Deputación da Coruña. Unha xornada chea de aprendizaxe, creatividade e conciencia ecolóxica.
Charla sobre os plásticos no océano
A xornada comezou cunha charla adaptada aos máis pequeñxs, na que falamos sobre os perigos dos plásticos no océano. Os nenos e nenas aprenderon de maneira visual e dinámica como os plásticos afectan os seres mariños, como se acumulan nos nosos mares e a importancia de reducir o seu uso. Utilizando imaxes de animais mariños atrapados en plásticos, así como exemplos de como os microplásticos chegan aos nosos corpos, conseguimos sensibilizar aos máis pequenos sobre o impacto que ten a nosa actividade diaria nos ecosistemas mariños.
A través de vídeos e preguntas, fomentamos a participación activa dos nenos, quen mostrou gran interese en entender que accións podemos levar a cabo para coidar o mar: desde reducir o uso de plásticos dun só uso ata a importancia de reciclar e de facer un consumo máis responsable.
Talleres creativos: Un mural para o océano
Para rematar a xornada, os nenos dividíronse en grupos para realizar un gran mural colectivo con temática marítima. Cada grupo de infantil participou nun taller distinto, onde deron renda solta á súa creatividade utilizando materiais reciclados. O punto de partida destes talleres foron os tapóns e restos de materiais recollidos durante as limpezas organizadas previamente polo proxecto Praias Limpas de plásticos.
Ao longo da xornada, lxs pequeñxs traballaron con entusiasmo, pegando tapóns de plástico, restos de redes e outros materiais atopados na praia, transformándoos en coloridas figuras mariñas. Mira o video. Peixiños, estrelas de mar, cunchas, medusas e outros elementos do océano tomaron forma nas súas mans. Todo isto mentres aprendían sobre a importancia de reutilizar e dar unha segunda vida aos materiais que adoitan acabar no lixo ou nos nosos océanos.
Este mural conxunto non só foi unha forma de expresión artística, senón tamén un recordatorio da conexión entre nosotrxs e o mar. Ao final da xornada, o mural foi exhibido na entrada do centro, como símbolo da unión e o esforzo colectivo na loita pola limpeza dos nosos océanos.
Un proxecto con futuro
O éxito desta xornada é o reflexo do compromiso da Escola Infantil Francisco Villar Villamarín coa educación ambiental e coa formación de niñxs conscientes do seu papel na protección do planeta.
Grazas ao apoio do proxecto Praias libres de Plásticos de limpocean subvencionado pola Deputacion da Coruña, xs nenxs e as súas familias puideron involucrarse de maneira activa na mellora da contorna local, á vez que adquiriron ferramentas para converterse en axentes de cambio.
O Día dos Océanos non só foi unha data de celebración, senón tamén un recordatorio de que o futuro dos nosos mares está nas nosas mans. A través destas actividades, buscamos transmitir a mensaxe de que, aínda que os problemas ambientais son grandes, as pequenas accións cotiás, como reducir o uso de plásticos ou participar en limpezas de praias, poden marcar a diferenza.Grazas a todos os que participaron, e esperamos seguir celebrando moitos máis días dos océanos con actividades que sigan concienciando e motivando ás futuras xeracións a coidar do noso planeta!






