Volvemos á praia de Bens coa Fundación Hogar Santa Lucía e non viñemos cas mans vacías!

Este venres tocou volver á praia de Bens (A Coruña) para seguir retirando os residuos dentro do proxecto «A Costa da Coruña Limpa de Plásticos«, que facemos co apoio da Deputación da Coruña. E esta vez fixémolo xunto á Fundación Hogar Santa Lucía, con quen xa compartiramos unha primeira limpeza hai uns meses.
Aquela primeira vez foi máis de toma de contacto,

despois organizamos unha charla sobre a contaminación por plásticos nos océanos, e esta terceira actividade foi a guinda do pastel: ao choio con todo o aprendido!
O resultado? case 65 kg de lixo retirados da praia, superando os 40 kg da primeira vez.
Entre os residuos máis comúns, o de sempre en Bens: toalliñas húmidas a varrer (por favor, non van ao váter!). Tamén recollemos bastante roupa, calzado, botellas, tapóns, envases e restos de redes e aparellos de pesca.
O tempo acompañou, o grupo estivo incrible e foi unha xornada das que che recargan as pilas.

Grazas infinitas a todas as persoas que participaron, sodes xeniais!
Seguimos sumando por unha costa máis limpa 💙🌊

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.