Limpocean visita Acción contra el Hambre en Santiago de Compostela: Reflexionando sobre a sostenibilidade e o impacto do plástico

En limpocean cremos firmemente que os grandes cambios empezan con pequenos xestos e unha profunda conciencia sobre os problemas que enfrontamos. Por iso, foi unha honra visitar as oficinas de Acción contra el hambre en Santiago de Compostela para impartir unha charla sobre un dos maiores desafíos ambientais do noso tempo: a problemática do plástico nos océanos.

Durante a sesión, exploramos como a contaminación por plásticos afecta o noso día a día, non só en termos ambientais, senón tamén na nosa saúde e calidade de vida. Abordamos o problema desde múltiples perspectivas, debatendo sobre a masificación e o uso indiscriminado deste material, e compartimos ideas para reducir o seu impacto tanto no ámbito persoal como profesional.

Un punto crave da nosa charla foi reflexionar sobre como as empresas e oficinas poden ser máis sostibles. Falamos de prácticas que poden integrarse facilmente na contorna laboral e que, ademais, poden trasladarse ao fogar. Desde hábitos sinxelos como reducir o uso de plásticos refugables ata iniciativas máis amplas como fomentar a reciclaxe e o uso de materiais ecolóxicos, a conversación estivo chea de propostas prácticas e aplicables.

En limpocean estamos convencidxs de que coñecer o problema de primeira man ten un impacto moito maior que longas horas de teoría. Por iso, esforzámonos en transmitir non só datos, senón tamén emocións e solucións concretas que poden marcar a diferenza.

Queremos agradecer profundamente a Acción contra el hambre por convidarnos e permitirnos compartir a nosa visión. Foi unha xornada chea de aprendizaxe mutua, intercambio de ideas e reflexións sobre como construír un futuro máis sostible para todxs.

Esta actividade forma parte do proxecto Praias libres de Plásticos, subvencionado pola Deputación da Coruña, que nos impulsa a seguir traballando para combater a contaminación e promover hábitos responsables.

Grazas por crer no cambio xunto a nosotrxs!

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.