Dentro das actividades organizadas con motivo do Día Mundial do Medio, visitamos ao alumnado de 4º de Primaria do CEIP Zalaeta para traballar con eles una das problemáticas ambientais máis urxentes: a contaminación por plásticos.
A actividade comezou cunha charla adaptada á súa idade, na que falamos sobre que son os plásticos, como chegan ao mar e que consecuencias teñen para os océanos, as praias e a fauna mariña. Aínda que a idea inicial era completar a xornada cunha limpeza da contorna, a choiva obrigounos a pospoñer esta segunda parte.
Lonxe de quedar a medias, volvemos outro día para poder realizar a limpeza e pechar así a Semana do Día Mundial do Medio que o centro tiña programada. Nestas xornadas participaron 23 alumnos e alumnas, acompañados pola súa profesora Elena, demostrando unha gran implicación e ganas de coidar a súa contorna.
A limpeza levouse a cabo na praia do Orzán, onde se retiraron aproximadamente 50 kg de residuos, entre os que destacaba un bolardo do paseo marítimo, ademais de numerosos restos plásticos. Un resultado que pon de manifesto tanto a magnitude do problema como a importancia deste tipo de accións educativas.
Queremos agradecer ao alumnado o seu entusiasmo, enerxía e compromiso, e especialmente á profesora Elena, por promover e acompañar esta xornada tan necesaria. Actividades como esta reforzan a educación ambiental desde idades temperás e fomentan unha actitude activa e responsable cara ao coidado do medioambiente.
Esta acción enmárcase dentro do proxecto A Costa da Coruña Limpa de Plásticos, que conta co apoio da Deputación da Coruña.


