Charla e obradoiro ca Asociación Integro

Tivemos a oportunidade de visitar as instalación da Asociación Integro para desfrutar dunha xornada top onde demos unha charla medioambiental e despois participamos nun obradoiro.

Xa tivemos a oportunidade de facer 2 limpezas con eles con anterioridade. A primeira na praia do Pendón en Cabana de Bergantiños e a segunda na praia do Osmo, Corme. Desta vez, foi unha xornada na que debatimos e sobre todo falamos moito do que atopamos nas 2 limpezas que fixeramos, cal foi a súa sensación e como afectan os residuos e plásticos aos océanos.

Tras a charla participamos nun obradoiro no que reusamos botes de cristal que tiñan na asociación, corda, tapóns, etc. Xs usuarixs pintaron os botes ca súa creatividade marabillosa. Os resultados están a vista 🤩

Este proxecto de A Costa Da Coruña Limpa de Plásticos trata de sen

sibilizar e concienciar sobre como coidar das nosas praias e previr que cheguen máis residuos a elas.

Esta actividade enmárcase dentro do proxecto A Costa da Coruña Limpa de Plásticos que conta co apoio da Deputación da Coruña.

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.