Limpeza limpocean na Praia de Sabón, Concello de Arteixo

O sábado achegámonos á Praia de Sabón para facer unha limpeza limpocean. Esta limpeza, que era para facer a semana pasada, tivémola que pospoñer porque o tempo en Galicia xa sabedes como é, pero valeu a pena. 77kg menos nesta marabillosa praia 🌊

Unha mañá espléndida, con sol ☀️ nesta praia do concello de Arteixo, na provincia da Coruña. Aos poucos foron chegando todxs lxs voluntarixs cun sorriso e enerxía que non podemos describir. Xente adulta, adolescentes, niñxs, conocidxs…. todos preparados para realizar unha limpeza limpocean.

Como é costume, antes de que chegasen os limpocean Warriors, fixemos unha pequena inspección para ver onde había máis residuos e como dividirnos (sempre facemos inspeccións antes de facer unha convocatoria para saber o estado das praias, unha semana, días antes e previa á limpeza). A verdade é que nos atopamos a praia un pouco máis limpa de como estaba días antes, ou iso criamos, pero a acción da marea e o vento dos días previos, simplemente cambiounos de sitio e enterrou un pouco máis os plásticos e residuos.

Despois da charla previa sobre o problema dos plásticos nos océanos e como nos afecta, puxémonos ao choio. Dividímonos en 2 grupos e a limpar. Fixamos sobre 1 hora de limpeza, ao final foi un pouco máis, para volver reunirnos e ver todo o que recollemos. Antes da selección e clasificación, pesamos todo. O resultado…..77kg de plásticos e residuos 😱. E nós pensando que había pouco ao principio.

Atopamos absolutamente de todo; papeis azuis que parecían confeti dunha celebración, unha chea de bolsas de excrementos de 🐕 (si si na area e nas dunas), botellas de todo tipo, tapóns, parte dunha boneca……

O mellor da xornada, o tempo que pasamos todxs juntxs durante esta limpeza. Sempre se aprende algo novo dos demais.

Queremos agradecer a todxs lxs que vos achegastes o sábado para achegar o voso gran de area 🌱

Esta actividade realizámola dentro do proxecto limpocean de Praias libres de Plásticos que está subvencionada pola Deputación da Coruña.

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.