Foto de Grupo limpieza playa de Bens

Limpeza ca Fundación Hogar Santa Lucía na praia de Bens

Hoxe gozamos dun día soleado e cheo de aprendizaxe na Cala de Bens, onde realizamos unha xornada de limpeza de praia xunto á Fundación Hogar Santa Lucía. Foi unha experiencia enriquecedora compartida con Alejandra, animadora sociocultural do fogar, e 9 marabillosas usuarias do centro. Tamén nos acompañaron Sebastián e Pablo, membros de limpocean.

En total, logramos recoller 40 kg de plásticos e residuos, entre os que destacaban as xa coñecidas toalliñas húmidas, un clásico lamentable desta praia debido ao tempo que tardan en descompoñerse. Ademais, atopamos restos de téxtil, botellas, calzado, tubos de tampones, envases e outros refugallos.

A actividade non se limitou  so á limpeza de praia: tamén realizamos unha pequena charla sobre a situación actual dos nosos océanos, xerando un espazo para reflexionar e aprender xunt@s. Así mesmo, tivemos a oportunidade de conversar e coñecer ás usuarias do fogar, quen nos encheu de alegría e motivación para seguir traballando por un mundo e costas máis limpas.

O que máis nos gusta en limpocean é levar a cabo limpezas de praia nas que todxs aprendamos algo novo, nas que nos divirtamos e terminemos coa satisfacción de contribuír a un cambio positivo.

Esta xornada enmárcase dentro do proxecto «A Costa dá Coruña Limpa de Plásticos«, subvencionado pola Deputación da Coruña, que busca coidar a costa da provincia da Coruña mediante limpezas de praias e charlas medioambientais.  Un proxecto de conciención, non só a centros educativos e asociacións, senos a toda a poboación recordando que unid@s podemos manter as nosas praias e costas como nos gustaría e como se merecen.

Queremos agradecer especialmente a Alejandra por contactar con nos e a todas as usuarias do Hogar Santa Lucía que participaron na xornada. Sen dúbida, repetiremos esta colaboración para seguir facendo actividades para o coidado das nosas costas e aprendendo xunto@s.

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.