Limpeza na praia de Orzán con ESN

Última actividade do mes cunha nova cunha limpeza da praia, onte tocou a praia de Riazor, en colaboración con estudantes Erasmus e a rede ESN (Erasmus Student Network). A pesar de atoparnos na primavera, a xornada estivo marcada por un clima soleado e temperaturas propias dun día de agosto, o que acompañou perfectamente o desenvolvemento da actividade.

Riazor, como praia urbana e unha das máis emblemáticas da cidade da Coruña, adoita presentar nestas datas un estado de limpeza mellor que noutros momentos do ano. Aínda así, durante a acción recolléronse ao redor de 20 kg de pequenos plásticos e outros residuos, o que pon de manifesto a presenza de contaminación menos visible, pero igualmente prexudicial para o medio mariño.

Máis aló da cantidade, esta foi unha limpeza de calidade,deixamos enlace para que vexades un video da limpeza,  centrada na sensibilización e o intercambio de experiencias. Ao longo da actividade xeráronse interesantes conversacións coas persoas participantes, compartindo como se atopan as praias e as contornas naturais nos seus países de orixe e reflexionando sobre a situación ambiental actual a nivel internacional.

Este tipo de encontros reforzan a importancia da cooperación e a concienciación global para afrontar o problema dos residuos plásticos, especialmente en espazos naturais tan valiosos como as nosas praias da provincia da Coruña.

Esta actividade enmárcase dentro do proxecto A Costa da Coruña Limpa de Plásticos, que conta co apoio da Deputación da Coruña.

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.