Atentos a la charla de playas limpias de limpocean

A Escola de Verán «A Carón do Mar» únese a limpocean nunha xornada de concienciación e limpieza en Caión

Esta semana, a praia principal de Caión converteuse no escenario dunha xornada especial de aprendizaxe, acción e concienciación ambiental organizada en colaboración coa escola de verán A Carón do Mar. Un grupo de 40 nenos e nenas participaron con entusiasmo nunha actividade deseñada por limpocean para reflexionar sobre a problemática do plástico nos océanos e fomentar hábitos sostibles.

A xornada comezou cunha charla dinámica na que debatemos sobre os graves efectos da contaminación mariña e a importancia de aplicar as 3R: reducir, reutilizar e reciclar. Os pequenos participaron activamente compartindo ideas sobre como podemos, desde as nosas accións cotiás, marcar a diferenza. Ademais, como sorpresa especial, tivemos a oportunidade de proxectar o primeiro capítulo de Os Wawies, unha serie educativa que aborda de maneira creativa e atractiva os problemas ambientais. Foi inspirador ver aos pequenos reflexionando a través desta historia sobre a importancia de protexer o noso planeta.

Tras a charla, dirixímonos á praia principal de Caión para poñer en práctica todo o aprendido. Equipados con luvas, bolsas e petos estes pequenos limpocean warriors realizaron unha limpeza exhaustiva, demostrando que a concienciación tamén se traduce en acción. Aínda que a primeira ollada a praia parecía estar limpa, logramos recoller 10 kg de lixo e residuos, unha mostra clara de que sempre hai traballo por facer para preservar a nosa contorna.

Esta actividade enmárcase dentro do proxecto Praias libres de Plásticos de limpocean, subvencionado pola Deputación da Coruña. Grazas a este tipo de iniciativas, fomentamos unha xeración máis consciente e comprometida coa protección dos nosos océanos e do medio ambiente.

Estamos profundamente agradecidos a los participantes y a A Carón do Mar por su energía y disposición. Gracias a ellos, dimos un paso más hacia un futuro más limpio y sostenible.

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.