Día mundial do medioambiente e limpocean limpieza co CRA Tarandeira

Polo día mundial do medioambiente, na paradisíaca Praia do Pendón en Cabana de Bergantiños, vivimos unha limpocean xornada marabillosa xunto ao CRA Tarandeira que demostra como os máis pequenos poden converterse en verdadeiros gardiáns dos nosos océanos.

O día comezou cunha charla ao aire libre na que explicamos aos 68 estudantes como se forman as praias, as dinámicas das correntes mariñas e o impacto devastador dos plásticos no medio mariño. Os nenos e nenas, atentos e curiosos, aprenderon sobre o camiño que percorren os plásticos ata chegar ás nosas costas e como podemos combater esta problemática.

Logo, con luvas, petos e moita motivación, puxémonos ao choio nunha limpeza de praia. O resultado foi impresionante! Logramos retirar 12 kg de microplásticos e outros residuos, un logro que reflicte o poder da acción colectiva.

Tras esta xornada de traballo e aprendizaxe baixo un sol radiante, tanto profes como os nosos mini limpocean Warriors gozamos dun merecido baño nas augas cristalinas da praia. Unha recompensa perfecta para pechar un día redondo.

Esta actividade enmárcase dentro do proxecto Praias libres de Plásticos de limpocean, subvencionado pola Deputación da Coruña. Non podemos estar máis agradecidos por facer posible este tipo de iniciativas. Un día TOP que esperamos repetir pronto!

 

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.