O 15de setembro, a praia de Bastiagueiro foi o escenario dunha importante actividade ambiental que reuniu a un grupo diverso de participantes, incluíndo aos nenos e nenas das categorías Prebenjamín, Benjamín e Alevín do SD Cambre. En total, 36 voluntarixs uníronse a esta xornada organizada dentro do proxecto Praias libres de Plásticos de limpocean, co respaldo da Deputación da Coruña.
Durante a actividade, levaron a cabo dinámicas educativas para sensibilizar aos asistentes sobre a problemática do plástico nos océanos, explicando como os residuos chegan ás praias e que accións podemos tomar para reducir o seu impacto. Este esforzo non só buscou limpar a praia, senón tamén inspirar unha maior responsabilidade ambiental na comunidade.
A pesar de que Bastiagueiro conta cun servizo diario de limpeza durante o verán, a xornada permitiu recoller 22 kg de lixo, evidenciando a persistencia de residuos como plásticos, redes, bastoncillos e envoltorios, etc. Estes elementos, que non deberían estar presentes nas nosas praias, son un recordatorio da necesidade de manter un compromiso constante co coidado do medio ambiente.
A praia de Bastiagueiro, un lugar de gran afluencia nos meses estivais, beneficiouse enormemente desta acción que combinou aprendizaxe e esforzo colectivo. Grazas á participación dos máis pequenxs, esta actividade tamén fomentou valores de respecto e protección cara á natureza desde idades temperás.
Desde limpocean e o SD Cambre, agradecemos a todxs lxs participantes polo seu compromiso e entusiasmo, e animamos á cidadanía para sumarse a iniciativas como esta para seguir construíndo unha contorna máis limpa e sostible.








