Queremos ser unha EMPRESA AMBIENTAL E SOCIAL, fomentando ademais a ECONOMÍA CIRCULAR e a creación de emprego local.
Por iso doamos o 1% das vendas dos nosos produtos a ONG’s ambientais e/ou sociais que realizan labores complementarios á nosa e de inclusión social de colectivos desfavorecidos.
E tamén por iso mesmo damos prioridade á utilización de produtos provenientes da reciclaxe ou reciclados directamente -redes e madeiras recollidas do mar- e a súa elaboración por artesáns locais.
Pero ademais queremos tamén realizar un LABOR SOCIAL ben directamente colaborando con colectivos desfavorecidos nas nosas tarefas, ou con ONG´s que realicen labores sociais e de loita contra as desigualdades tan encomiables como as que fai a Asociación MIRADAS AO MUNDO.
Queremos fomentar a economía circular, o fomento e creación de emprego local e o apoio a iniciativas sostibles.
Por iso damos prioridade para a produción dos nosos produtos a elaboración artesanal con empresas locais. As nosas PULSEIRAS son elaboradas polo colectivo de Redeiras de Galicia, cun vínculo particular co mar, así como por talleres de artesáns locais. Así pois, comprando as nosas pulseiras non só financias as tarefas de recollida de limpOcean, senón que tamén fomentas o emprego local.
Ademais, tamén damos prioridade ás relacións comerciais de xestión dos residuos e subministracións con empresas locais
O obxectivo de que limpOcean teña tamén unha faceta SOCIAL é tamén unha cuestión importante para nós. Por iso queremos implicar e botar unha man a colectivos desfavorecidos para realizar as nosas tarefas.
Para elo colaboramos con Asociacións e entidades con fins sociais directamente nas nosas tarefas de recollida sempre que é posible e dedicamos unha parte dos ingresos obtidos pola comercialización dos nosos produtos para efectuar doazóns a ONG’s con fins sostibles e que fomenten a inclusión social de colectivos desfavorecidos.
Social