A pesares das restricións de desprazamento e número de participantes como consecuencia da xestión da COVID’19, conseguimos organizar unha recollida na cala Furna Melón. Para a súa organización contamos coa total colaboración e axuda do CONCELLO DE OLEIROS. Aínda que eramos poucos e a cala moi pequena, como podedes ver recollemos unha gran cantidade de lixo mariño, principalmente restos de redes e plásticos.