Nesta cala de difícil acceso moi próxima ao Cabo VILANO na Costa da Morte de Galicia acumulábase unha inmensa cantidade de lixo expulsado polo mar: plásticos de todo tipo, cabos e redes de pesca, madeiras…

Un traballo duro e complicado sobre todo para a retirada do recollido pola dificultade de acceso e os grandes desniveis, pero sen dúbida que pagou a pena o labor dos nosos colaboradores! Mil grazas!.