Este sábado 17 de outubro estivemos na praia de Bastiagueiro (Concello de Oleiros) recollendo con WESUSTAINABILITY. Unha praia semiurbana, con moita afluencia e con limpezas periódicas polo Concello… e con todo podedes ver nas fotos, nun tramo de apenas 100 m. de praia, a gran cantidade de residuos recollidos, destacando especialmente os “ bastoncillos”, cabichas e restos de redes de pesca.