Queres botarnos unha man comprando os nosos produtos?
O xeito principal de financiar todo o noso labor de limpeza é mediante a venda dos nosos produtos que che mostramos aquí. Ademais, un 1% de todas as nosas vendas será doado directamente a ONG’s ambientais e/ou sociais. Síguenos nas nosas RRSS para ter información completa e actualizada.
Para o seu deseño e produción damos prioridade á utilización de produtos provenientes da reciclaxe e a elaboración artesanal con empresas e asociacións locais.
Por iso, comprando os nosos produtos non só nos estás axudando a realizar as nosas tarefas de recollida e reciclaxe, senón que tamén contribúes ao fomento da economía local. E se compras un dos denominados PRODUTOS DOBRE BENEFICIO (Bolsas RPET e cinceiros de peto) ademais diso estarás a contribuír a evitar que o problema dos lixos mariños continúe a súa escalada.
Se queres achegar o teu grao de area, por pequeno que sexa, tamén che damos a opción de que does a cantidade que desexes. Calquera achega será agradecida polo noso mares e océanos!
Por último, pedímosche un pouco de comprensión. Debido á situación actual do COVID-19 (unido a que estamos nos comezos do noso proxecto) é posible que nosas primeiras entregas non cumpran estritamente os prazos establecidos.
Envío de balde para compras superiores a 50€ (marca a casa correspondente antes de Finalizar compra)
GRAZAS POLO TEU APOIO!!
Os nosos produtos
AS NOSAS PULSEIRAS EMBLEMA LIMPOCEAN, FEITAS A MAN CON PRODUTOS RECICLADOS
CAMISETAS 100% ORGÁNICAS
CINCEIROS DE PETO
BOLSAS DE PLÁSTICO RECICLADO RPET
MÁSCARAS REUTILIZABLES
No products found which match your selection.
PRODUTOS DE TRABALLO
Apoia a nosa causa. TODO SUMA!
Aquí podes achegar a túa colaboración pola cantidade que queiras. Desde o importe dun café ata unha cantidade periódica.
Calquera achega, por mínima que sexa, será agradecida polos nosos mares e costas.
GRAZAS!