Este domingo realizamos unha nova xornada de limpeza na praia de O Terrón en Vilanova de Arousa, acompañados dos participantes do campo de voluntariado da Xunta de Galicia, coordinado por @marexadasl e coa colaboración do @concellodevilanova.

O día acompañounos 🌥 e comprobamos que, a pesar de ser unha praia aparentemente limpa, recollimos unha cantidade moi considerable de lixo, principalmente pequenos plásticos, cabichas e restos de aparellos de pesca (como anacos de redes ou plásticos das bateas).
GRAZAS coma sempre a tódolxs participantes!!! 👏👏💙💙