Xornada impresionante de limpeza este sábado 20 de marzo en Carnota. Un millón de grazas a tod@s @s que dedicáchedeslle de forma desinteresada o voso tempo á limpeza na impresionante Praia de Carnota . O éxito da convocatoria non sería tal sen a colaboración de Leticia González na organización do Evento, e tamén é de agradecer a colaboración do Concello de Carnota, ademais co seu alcalde participando como un máis na recollida.

Entre os 38 participantes recolléronse máis de 400 kg de lixo, tanto no areal como na traseira das dunas, coa habitual presenza de moitos restos de redes e aparellos de pesca e plásticos de todo tipo, bastoncillos, cabichas e ata dous tubos fluorescentes, calzado ou restos de persianas.

Deixámosvos aquí a galería de fotos do Evento.

1 millón de grazas a todos eses heroes!!!. O planeta e os nosos mares estanvos agradecidos.