Vida mariña
Enredo e inxestión por animais, incluído o dano causado por equipos de pesca perdidos
Degradación do hábitat
Exposición a substancias químicas no plásticos
O comportamento individual de cada un é fundamental para previr os lixos mariños. Mira este decálogo, que di moito… Nel ves as pautas de conduta que podes adoptar na túa día a día para con pequenos detalles contribuír a mellorar o estado ambiental dos nosos mares. Descárgao aquí en PDF en castellano, gallego e inglés
Os sumidoiros e os nosos inodoros non son buracos negros que fan que desapareza o que neles tiramos.
Simplemente son a entrada a un medio de transporte, a rede de saneamento, que non está deseñada para tratar certos residuos como cabichas, toalliñas…
Se tiras as cabichas nun sumidoiro ou ao chan o máis probable é que acabe chegando ao mar a través da rede de saneamento. As cabichas non son sementes… NON AS TIRES!
E en canto ao inodoro, NON O UTILICES COMO PAPELEIRA!
Sabías que os bastonciños, toalliñas, compresas e outros refugallos que lanzamos ao desaugadoiro causan verdadeiros estragos na rede de saneamento e EDAR (Estacións Depuradoras de Augas Residuais), e graves problemas ambientais?
Se queres apuntarte ao noso próximo evento de recollida, só tes que inscribirte aquí ou enviarnos un correo a eventos@limpocean.com e enviarémosche toda a info necesaria.
No calendario ves os que temos programados proximamente e os que xa realizamos.
Bota un ollo e mira a de residuos mariños (plásticos, sprays, gomas, metais, cabos, madeiras…) que habemos xa retirado da costa.
Contamos contigo para seguir evitando este serio problema.
Grazas de antemán. Vémonos axiña!
Outra forma que tes para colaborar en todo o labor que realizamos en limpOcean é comprando os nosos produtos. Os ingresos obtidos polas vendas é a principal forma de financiar as nosas tarefas. Estamos aquí para limpar o océano e as costas e para deter a entrada de plástico e residuos mariños cambiando os hábitos de consumo.
Bota un ollo a la tenda, verás as nosas pulseiras emblema, feitas por redeiras e artesáns locais, así como o resto de produtos de deseño propio que ofertamos.