Con motivo do Día Mundial dos Océanos apuntámonos a colaborar no evento de recollida organizado polas asociacións “Mar de fábula” e “Wesustainability” que tivo lugar nas praias da Coruña. A pesares da aparencia previa de “praia limpa”  podedes ver nas fotos a gran cantidade de residuos recollidos, principalmente microplásticos e cabichas. Parabéns por este evento aos organizadores e mil grazas a tod@s @s voluntari@s!.