Para financiar todo o que conleva as tarefas de recollida de lixo e o seu tratamento sostible (reciclaxe ou entulleira autorizado), así como as accións de Educación Ambiental, limpocean se autofinancia cos ingresos obtidos a través da venda dos produtos que ofrecemos na nosa web.
Estes produtos son poucos, pero con moita razón de ser… e deseñados co corazón
O noso produto emblema son as PULSEIRAS unisex, porque están feitas a base de produtos reciclados directamente por nós (redes do mar e madeira), e elaborados polas Redeiras de Galicia e artesáns locais como o Taller de Artesanía SILVEREIRA e Marta Fernandez de Serviglass, fomentando desta forma a Economía circular e creación de emprego.
Os CINCEIROS DE PETO teñen a súa razón de ser porque as cabichas son a primeira fonte de lixo mundial.
As BOLSAS MULTIUSOS porque son “bolsas RPET” reutilizables, feitas de plástico reciclado, e as CAMISETAS 100% ORGÁNICAS, porque representan un modo de entender todo o ciclo de produción de forma sostible.
Ademais, os cinceiros e as bolsas son tamén o que nós denominamos PRODUTOS DOBRE BENEFICIO, porque ao compralos lógranse os DOUS obxectivos: financiar a limpOcean para RECOLLER lixo e EVITAR A VERTEDURA (ben directamente das cabichas ou fomentando a reutilización coas bolsas).