O sábado 16 de maio faremos unha xuntanza ca AAVV O Quinteiro de Buño para limpar as praias das Torradas e do Riás, no Concello de Malpica.
Desde a Asociación de veciños tamén farán unha pequena homenaxe a Begoña Caamaño, con motiva das Letras Galegas 2026, lendo fragmentos seus de novelas que teñen que ver directamente con mar.
Esta actividade enmárcase dentro do noso proxecto Por un Mar Limpo de Plásticos que conta co apoio da Deputación de Coruña.

