Charlas, obradoiros e limpezas ca Asociación Integro

Entre os meses de maio e xullo, desde limpocean desenvolvemos xunto a Asociación Integro unha serie de actividades ambientais cos nosos usuarios e usuarias, combinando acción directa na contorna natural, formación e creatividade. Estas xornadas enmárcanse dentro do proxecto “A Costa da Coruña Limpa de Plásticos”, que conta co apoio da Deputación da Coruña.

O pasado 19 de maio realizamos a primeira actividade na Praia do Pendón, no municipio de Cabana de Bergantiños.
Durante a xornada, un grupo de 10 participantes, entre usuarios e traballadores da asociación, levou a cabo unha limpeza da praia. Ademais da recollida de residuos, dedicamos tempo a reflexionar sobre a evolución da contorna: como estaba a praia hai anos e cal é o seu estado actual.
A Praia do Pendón atopábase bastante limpa, xa que adoita estar protexida dos azoutes directos do mar. Aínda así, logramos recoller 15 kg de residuos, demostrando que mesmo en espazos ben conservados segue sendo necesaria a implicación cidadá.

A primeira semana de xullo continuamos cunha charla ambiental e talleres nas instalacións de Integro, centrada na problemática dos plásticos en praias e costas.
Durante a sesión analizamos:
– O impacto dos residuos plásticos no medio mariño.
– A importancia da reciclaxe.
– O papel da economía circular.
– A necesidade de reducir, reutilizar e repensar os nosos hábitos de consumo.
Tras a parte teórica, realizamos un taller creativo reutilizando materiais cotiáns, como botes de vidro vacios. Decorámolos con pintura sostible e incorporamos algúns pequenos residuos recollidos das limpezas anteriores, transformándoos en novos obxectos útiles e decorativos.
Foi unha xornada fantástica que combinou aprendizaxe, creatividade e conciencia ambiental.

A última semana de xullo levamos a cabo unha nova limpeza, esta vez en Corme.
Con todo o aprendido na charla ambiental semanas antes, 10 usuarios e usuarias participaron activamente, demostrando unha gran implicación e compromiso. A xornada saldouse coa retirada de 18 kg de residuos, nunha limpeza moi completa e de gran calidade.
Desde limpocean só podemos dar as grazas a todas as persoas participantes pola súa entrega, o seu entusiasmo e por converter cada xornada nunha experiencia enriquecedora e divertida.
Seguimos traballando por un litoral máis limpo e por unha cidadanía máis concienciada. 💙🌊

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.