Charla e limpeza CEIP Areouta, Sardiñeiro

Que xornada máis marabillosa a de onte en Sardiñeiro no municipio de Fisterra. Estivemos no CEIP Areouta e pasámolo tremendamente ben con todo o alumnado.

Primeiro falamos un pouco sobre a problemática dos plásticos nos océanos e praias ♻️, tocamos e ensinamos algunhas das cousiñas que nos gusta atopar e outras que non nas nosas costas. Tras a breve charla puxémonos ao choio e realizamos unha espectacular limpeza na praia de Sardiñeiro (que é preciosa para os que non a coñecedes). 160 kg de residuos que sacamos en 45 min! Unha barbaridade a cantidade de lixo, plásticos de todo tipo e residuos que un se pode atopar. Alucinante como están de comprometidos estes nenos. Eles si que son uns auténticos #limpoceanWarriors!

Dar grazas ao CEIP Areouta por recibirnos tan ben e por eses alumnos tan riquiños que teñen, tamén a todos os pais, nais e acompañantes que botaron unha man e a Di Pataca por axudarnos neste día espectacular.

Esta xornada está enmarcada no noso proxecto Limpocean de Praias libres de Plásticos subvencionado pola Deputación da Coruña.

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.