Seguimos percorrendo a provincia co proxecto «A Costa da Coruña Limpa de Plásticos«, e esta vez fomos ata o CEIP Plurilingüe de Outes, onde compartimos unha xornada moi especial cos alumnos e alumnas do centro, con Adisbismur, co alumnado do IES Poeta Añón, e usuarios do centro de día Terramar.
A charla virou ao redor de dous grandes temas: a problemática do plástico nos océanos e a economía circular como ferramenta clave para frear esta crise ambiental. Foi moito máis que unha simple exposición: houbo debate, preguntas, ideas… e moitísima participación!
Encántanos ver como os máis peques non só escoitan, senón que opinan, reflexionan e sorpréndennos cos seus coñecementos sobre a reciclaxe e sostenibilidade. Teñen unha mirada crítica e construtiva que nos enche de esperanza!
Esta actividade forma parte do noso proxecto A Costa da Coruña Limpa de Plásticos, que desenvolvemos co apoio da Deputación da Coruña, e que busca implicar a todas as xeracións no coidado das nosas costas.
Grazas ao CEIP de Outes e a Adisbismur pola acollida e por sumar con tanta enerxía. Seguimos



